Maside
28 de 33

Maside

Espazo biográfico

Maside queda na estrada nacional de Ourense a Pontevedra. Dende que se abriu no século XIX, a poboación empezou a medrar ao longo da nova vía, arredada da antiga igrexa parroquial de San Tomé de Maside Vello (románica de finais do século XII ou comezos do seguinte). En 1909 inaugurouse a igrexa nova, situada na vila, que conservou a mesma advocación, e trasladouse para diante dela o cruceiro labrado en 1832 por Francisco Franco, escultor de Marín. Salienta a casa consistorial, coa torre na que está o reloxo que foi do mosteiro de Oseira, realizado na Coruña en 1732 por Baltasar Barreiro de Andrade e mercado polo Concello en 1847, despois da desamortización.

            Don Antonio participou en dous mitins do Partido Galeguista, do que o de máis sona foi o do 7 de maio de 1932, no que tamén tomaron parte Castelao, Otero Pedrayo, Leuter González e Víctor Casas.

 

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

La tierra de Maside.- A la derecha del río Barbantiño se encuentra la tierra de Maside, de formas graníticas, con buenos parrales escalonados hasta Punxín, donde se produce el maíz más alto de Galicia. Los centros principales son Maside, con ferias e industria de confitería, y Dacón, el centro del comercio de los jamones y del cornezuelo del centeno.

(Geografía de Galicia, Porto y Cía., Santiago de Compostela, 1953: 301).

 

Xa ao remate dos actos, e antes de voltar, estabamos compartindo coa xente da vila cando notámola falla de Castelao, e non sei quen fora, quen se decatara, pero de seguida topámolo, andaba ó derredor do cruceiro de Maside tomando notas e facendo debuxos… [E remata con que dende aquela] Otero Pedrayo na correspondencia que mantiñamos sempre se dirixía a min chamándome

— “ Señor Deputado por Listanco”…

(Dunha entrevista que lle fixo o escritor masidao Xosé R. Rodríguez en Trasalba, o 26 de xuño de 1988. GONZÁLEZ PÉREZ, C.: “Antonio Fraguas Fraguas: Vida e obra, 1905-1999”, en Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999, Santiago de Compostela, 2006: 32).