Cerdedo
32 de 33

Cerdedo

Espazo etnográfico

            Tradicionalmente sempre foi terra de canteiros e carreteiros; esta segunda profesión é debido a que Cerdedo se atopa na estrada de Ourense a Pontevedra. Ademais existían outros camiños, carreteiros ou de a pé, como o que saía de Insuela, que cruzaba o río Almofrei, seguía polo lugar do Batán e a parroquia da Corredoira e dende aquí a Cerdedo, Soutelo de Montes, O Carballiño…

            Don Antonio recolleu unha cantiga que alude aos carreteiros de Cerdedo, en particular os que ían cara a Ourense, na que se lles di ás mozas de Vilapouca (aldea da parroquia de Ventoxo, Forcarei) que teñan preparada a carne para cando eles cheguen.

No ano 2016 fusionouse con Cotobade e deu orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade.

            Non achamos ningún texto dedicado exclusivamente a esta vila, pero fai mencións en varios, entre eles, como queda visto, ao falar dos camiños de antes.

 

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

            El ayuntamiento de Cerdedo limita, al N. con el de La Estrada; al S., con los de Cotobad y La Lama; al E., con el de Forcarey, y al W., con los de Campo Lameiro y Cotobad. Tiene una extensión de 78,41 kilómetros cuadrados y una población de 5.888 habitantes de hecho y 6.081 de derecho.

            Comprende las siguientes parroquias: San Juan de Cerdedo, Santa Eulalia de Castro, San Martín de Figueroa, Santa María de Folgoso, San Pedro de Parada, San Esteban de Pedre, Santo Tomé de Quireza y Santa Marina de Tomonde.

(Geografía de Galicia, Porto y Cía., Santiago de Compostela, 1953: 446).

Carreteiros de Cerdedo

van polo Paraño arriba:

mociñas de Vilapouca

téndelle a carne cocida.

(Cantigueiro de Cotobade, Ed. do Castro, Sada, 1998).