Pedre
33 de 33

Pedre

Espazo etnográfico

Dedicoulle polo menos un artigo a “os barrosos” —alcume dos canteiros desta comarca e, en particular, de Cotobade—, titulado “Canteiros de Cotobade”, no único número que saíu de La Voz de Cotobad, o 12 de xullo de 1936.

Mencionamos destes artesáns porque Pedre tamén foi terra de avezados canteiros, que tamén aquí deixaron mostras do seu labor: dende igrexas ata capelas, dende hórreos ata pontes.

            Talvez haxa algún texto que descoñecemos, pero polo de agora só sabemos dunha cantiga relacionada con Pedre, que alude á festa do patrón, Santo Estevo, e tamén á de San Xoán de Dorna (que se celebra na súa ermida en Santa María de Sacos). Quen a canta ten que ser un mozo xa que menciona o ben que o pasou con María Polonia, personaxe que aparece en cantigas doutras partes, sempre con intención maliciosa.

 

NAS PALABRAS DE ANTONIO FRAGUAS

Fun ó Santo Estevo a Pedre

vin polo San Xoán de Dorna,

veño moi agradecido

desa María Polonia.

(Cantigueiro de Cotobade, Ed. do Castro, Sada, 1998).