Praia de Balarés
5 de 29

Praia de Balarés

Espazo Literario, Feito Histórico, Praia Balarés - 15110 San Tirso de Cospindo - Ponteceso. A Coruña

Este paraíso natural, mencionado en Queixumes dos Pinos e Eoas, divídese en Balarés grande e Balarés pequena e conta cun gran piñeiral, como zona de entretemento. A capela de Santa Mariña de Ponteceso foi trasladada desde aquí por Cesáreo Pondal, irmán do poeta. O peirao, ao fondo do lugar, servía para embarcar Volframio, destinado ás fábricas de armamento alemáns durante a II Guerra Mundial; este feito permanece na memoria grazas á araña, escultura de aceiro realizada polo escultor Moncho Amigo.