CASA DE ANTONIO VILAR
Edificio singular Rúa Fomento, 2 - Ares (comarca de Ferrol - A Coruña)Ano de construción: 1926.
Promotor: Antonio Vilar, emigrante en Cuba.
Características arquitectónicas:
Situada nun lugar privilexiado da vila de Ares e con acceso directo ao mar antes da construción do paseo marítimo, esta casona é froito da reforma como vivenda que o indiano aresán Antonio Vilar fixo dunha antiga fábrica de salgado de 1848. Desa etapa son os antigos muros de pedra e un gran patio interior.
Ten planta en forma de U e nunha das fachadas conta cunha gran galería de madeira e vidros de cores na parte superior. Na fachada sur sobresae unha terraza ornamentada cunha balaustrada e unha cornixa de remate, que subliña a horizontalidade do conxunto, con elementos decorativos vexetais e uns pináculos con bólas marcando cada tramo.
Fonte: ANATOL SEOANE, Bernardo; ARDÁ SUÁREZ, A. Carlos (dir.) (2000): Indianos. Arquitectura da emigración na península de Bezoucos: Ares, Cabanas, Fene e Mugardos. Fene, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Fotografía: Anxo Fernández
Foto cedida polo Concello de Ares