Igrexa de San Xián de Campelo (O Corgo)
7 de 7

Igrexa de San Xián de Campelo (O Corgo)

Igrexa

A igrexa de San Xián é un bo exemplo da popularización das estruturas e formas románicas durante o século XIII no rural galego por parte dos obradoiros locais que interpretaban, na medida das súas posibilidades, os modelos arquitectónicos de mosteiros e priorados contemporáneos. Repite, de feito, un modelo de igrexa de nave única e ábsida cuadrangular moi estendida en Galicia pero levando a sinxeleza e a economía de medios á súa máxima expresión.

No seu interior conservase unha imaxe de madeira de vulto redondo da Virxe co Neno. Trátase dun tipo tradicional románico de imaxe mariana sedente, frontal que sostén ao neno sobre o xeonllo esquerdo e lle amosa un “don” coa súa man dereita. Fronte á ausencia de relación entre ambas figuras, tipicamente románica, e o compacto da figura, moi limitada polo bloque no que se talla, atopamos xa nesta imaxe receitas que permiten datar a figura no século XIII: o feito de que no Neno se sente sobre un xeonllo da súa Nai, a coroa e o veo co que cingue a cabeza a Virxe ou o rostro alongado desta. 


Foto da virxe: Victoriano Nodar