San Xulián de Bastavales
5 de 27

San Xulián de Bastavales

Espazo biográfico A Igrexa, s/n - 15280 San Xulián de Bastavales - Brión. A Coruña.

Importante freguesía pertencente á arquidiocese compostelá, onde se atopa a aldea de Soigrexa, residencia esporádica de Rosalía de Castro. Ademais, na igrexa de Bastavales se sitúan as famosas campás que a poeta podía escoitar desde a súa casa de Ortoño, tal e como conta nun dos seus poemas de máis sona. Por esta parroquia transcorre o río Sar, que nace no veciño municipio de Santiago de Compostela.