Librería de Carré ou <i>La Regional</i>
24 de 29

Librería de Carré ou La Regional

Espazo biográfico Rúa Real, 30 - 15003 A Coruña. A Coruña

A propiedade de Carré Aldao, foi o enclave dos faladoiros coñecidos como a Cova Céltica, cuxa ideoloxía rexionalista era difundida a través da Revista Gallega (1895-1907), dirixida por Galo Salinas e impresa por Carré Aldao. En 1897 fúndase o grupo político a Liga Gallega formado polos membros da famosa Cova, e con sede na mesma libraría. Pondal era habitual destas reunións, ademais de enviar poemas para a revista. Este grupo de intelectuais está vinculado coa constitución da Real Academia Galega.