Pazo da Hermida
7 de 27

Pazo da Hermida

Espazo biográfico Lestrobe s/n - 15916 Santa María de Dodro - Dodro. A Coruña.

A construción érguese nunha finca na que Rosalía buscaba inspiración. Neste pazo tamén se asinou o Pacto de Lestrobe en 1930, mediante o cal se creou a Federación Republicana Galega. Hoxe está rehabilitado como casa de turismo rural e é propiedade de parentes próximos. De feito, a dona garda unha árbore xenealóxica nun dos salóns que demostra o parentesco con Rosalía. Desde aquí pódese observar a veiga de Lestrobe e a paisaxe do Sar e do Ulla. Preto atópase o Pazo Arcebispal de Lestrobe.

http://www.pazodehermida.com