Praia de Orzán
9 de 11

Praia de Orzán

Praia, Espazo biográfico Avda. Pedro Barrié de la Maza, s/n - 15001 A Coruña - A Coruña

Curros nomea ao Orzán nos poemas "En Corso" e "Ao pobo cruñés". Xunto a estas mencións, as relacións vitais co areal apórtanolas Carré Alvarellos, quen no seu estudo biográfico sobre o celanovés sinala que de neno estivo aquí e en Riazor. Ademais, o Hotel Oriente no que se hospedou na última estancia na cidade, situábase en fronte a esta praia. Distinguida pola forma de cuncha, tamén é de salientar o dique que a separa da do Matadoiro, pois foi feito cos restos da antiga muralla da Pescadería.

http://www.coruna.es/gl/4turismo/playas/playas.htm