Porto da Coruña
1 de 11

Porto da Coruña

Castelo, Feito Histórico Avda. da Mariña, 3 - 15001 A Coruña - A Coruña

A cidade da Coruña foi moi importante na vida de Curros e, xunto a ela, o seu porto. Desde alí marchou, supostamente, a Londres en 1870, e tamén foi onde embarcou para Cuba en 1894. Pero, sen dúbida, o acontecemento máis emotivo foi o da multitudinaria recepción do seu cadáver a bordo do quot;Alfonso XIII quot; en 1908. Na badía na que se sitúa o porto existe un illote no que, para protexer a entrada do mesmo, se ergueu a partir do século XVI o Castelo de San Antón, hoxe museo arqueolóxico.

http://www.puertocoruna.com/index.asp