Audiencia territorial da Coruña
2 de 11

Audiencia territorial da Coruña

Espazo biográfico Praza da Constitución, 5 - 15001 A Coruña - A Coruña

O proceso xudicial iniciado contra Manuel Curros tras a denuncia do bispo Cesáreo Rodríguez de Ourense, chegou á sede da Audiencia Territorial da Coruña un 4 de marzo de 1881. Unha semana despois, o tribunal ditou sentenza absolutoria grazas á defensa do avogado Luciano Puga Blanco. O edificio, pazo da Capitanía, erguérase a mediados do século XVIII baixo as trazas de Juan Vergel. Posúe un escudo de Galicia labrado en pedra na súa fachada, un dos primeiros colocados nunha institución pública.