Teatro Rosalía de Castro
7 de 11

Teatro Rosalía de Castro

Espazo biográfico Rúa Rego de Auga, 37 - 15001 A Coruña. A Coruña

No século XIX constrúese un edificio para novo teatro da Coruña. Anos despois, en 1904, nos seus salóns se celebraría unha velada solemne en homenaxe a Curros. No acto, presidido por Murguía, o celanovés leu o poema quot;Ao pobo coruñés quot;, e rematou coa imposición dunha coroa de ouro e prata. Máis tarde, o 3 de abril de 1908, as instalacións albergaron a velada fúnebre do poeta. Ao ano seguinte, o Teatro Novo ou Principal da Coruña recibiu o nome de Rosalía de Castro, enormemente admirada por Curros.

http://www.coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&cid=1132828895276&idioma=gl&itemID=1151366564105&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&itemType=Entidad&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion

Aberto de Luns a Domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas (só se hai venta).