Casa Museo Emilia Pardo Bazán
3 de 11

Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Casa Museo Rúa Tabernas, 11 - 15001 A Coruña - A Coruña

Curros e Emilia coñecéranse polo ano 1875. Nun primeiro momento, mantiñan unha boa relación de amizade. Porén, despois das críticas a Concepción Arenal e Rosalía vertidas por Pardo Bazán, comezou a súa loita, pois Curros non llo tolerou. A tal punto chegaron, que Manuel introduciu o personaxe de Emilia no Divino Sainete. Na actualidade, a casa da condesa na Coruña está musealizada, albergando tamén a sede da Real Academia Galega, tan importante na vida do celanovés.

http://www.museosdeescritores.com/ESP_II/autor/pardobazan.htm 981207308

Aberto de Luns a Venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; excepto festivos, o mes de agosto e do 24 de decembro ao 02 de xaneiro.