Paseo do Espolón
12 de 27

Paseo do Espolón

Espazo biográfico Paseo do Espolón - 15910 Padrón - Padrón. A Coruña.

O paseo do Espolón sitúase entre a padronesa rúa de Castelao e o río Sar. No lateral norte, próximo á ponte e ao templo de Santiago, ergueuse en 1957 un monumento na honra de Rosalía. A obra, esculpida polo compostelán Xosé María Mateos, discípulo de Asorey, foi sufragada polos emigrantes en Uruguay. Neste mesmo sitio, ao ano seguinte, diante da escultura da poeta e baixo a sombra dos plátanos, foi coroado con loureiro Ramón Cabanillas.

http://www.concellodepadron.org/espazosnaturaisg.htm#O_Espolon