Igrexa de San Xurxo
5 de 11

Igrexa de San Xurxo

Igrexa Praza do Marqués de San Martín, s/n - 15001 A Coruña. A Coruña

Na igrexa coruñesa de San Xurxo, a Real Academia Galega organizou os funerais oficiados tras o enterro de Curros. Ademais, nas dependencias contiguas do ex convento agostiño, onde estivo situado o consistorio entre 1838 e 1927, se instalara a capela ardente do poeta. A parroquial, obra barroca cuxa fachada se atribúe á autoría de Clemente Sarela, enclavárase ata o século XIX no soar no que se construíu o Teatro Principal, centro no que tivera lugar a coroación e a velada necrolóxica do vate.