Primitiva sede da Real Academia Galega
6 de 11

Primitiva sede da Real Academia Galega

Espazo Literario Rúa Rego de Auga, 38 - 15001 A Coruña. A Coruña

A finais do século XIX xorden Galicia diferentes asociacións para favorecer o proceso de unificación e normalización da lingua. Unha delas, de curta vida, nace en 1883 na Coruña, tendo a Curros como copresidente. Posteriormente, o celanovés encoméndalle a Murguía a organización dunha comisión fundadora da Real Academia Galega, constituíndose oficialmente o 30 de setembro de 1906. Por iso, na honra do vate, a comitiva fixo unha parada o día do seu enterro diante da primitiva sede da Academia.

http://www.realacademiagalega.org/ 981207308

A sede da rúa Tabernas, 11 permanece aberta de Luns a Venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; excepto festivos, o mes de agosto e do 24 de decembro ao 02 de xaneiro.