Monumento en Méndez Núñez
8 de 11

Monumento en Méndez Núñez

Espazo biográfico, Espazo Literario Xardíns de Méndez Núñez, s/n - 15001 A Coruña. A Coruña

O 10 de agosto de 1934 inaugurouse nos xardíns de Méndez Núñez un monumento na honra de Curros Enríquez. A obra, concibida como un barco, foi realizada por Asorey tras gañar o concurso de proxectos convocado pola RAG en 1927. O escultor introduciu no conxunto unha marca de identidade galega, convertendo ao poeta nun gran heroe, cunha capa e cunha lira, rodeado por traballadores e con Galicia triunfante. Na parte posterior, unhas plantas ocupan o oco no que se ía situar o sepulcro do vate.

http://www.coruna.es/servlet/ContentServer?argIdioma=gl&itemID=1161561893930&c=Page&pagename=Turismo%2FPage%2FTurismo-Generica&itemType=Entidad&argSeccion=1200318982636&cid=1196783631603