CEIP Curros Enríquez
10 de 11

CEIP Curros Enríquez

Feito Histórico Rúa Campo de Marte, s/n - 15002 A Coruña. A Coruña

En outubro de 1908, o concello da Coruña decidiu homenaxear a Curros coa construción dunha escola co seu nome no Campo de Marte. Posteriormente, constitúese unha comisión cidadá, aportando ás arcas municipais os fondos acadados na velada necrolóxica. Porén, non será ata os anos 30 cando comecen as obras do edificio, época na que a rúa contigua adquire a denominación do vate. Durante a Guerra Civil, o centro úsase como hospital e como fábrica de armas, ata que en 1963 se bendice como colexio.

http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.coruna/