Cemiterio de <i>San Amaro</i>
11 de 11

Cemiterio de San Amaro

Espazo biográfico Beiramar s/n - 15002 A Coruña. A Coruña

Tras as xornadas de recepción e velada do cadáver, o xoves 2 de abril de 1908 se celebra no cemiterio coruñés de San Amaro o multitudinario enterro de Curros. O cadaleito chega á necrópole ás seis e media da tarde, coas forzas da cabalaría da Garda Civil coidando de deixar libre o paso. En medio da gran manifestación, o celanovés recibe sepultura no nicho 92 do terceiro departamento. O camposanto no que descansa o vate construírase a principios do século XIX no camiño cara a Torre de Hércules.

http://www.coruna.es/servlet/ContentServer?itemID=1149055918384&itemTemplate=Portal-Entidad-Detalle&c=Page&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion&itemType=Entidad&cid=1134487388083

Aberto de Luns a Domingo, de 09:00 a 18:00 horas