Carballo Calero, entre a academia e a creación

Un percorrido entre Santiago, Ferrol e Lugo para coñecermos a vida e obra dun dos intelectuais máis relevantes do século XX en Galicia.

Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carballo Calero foi un dos intelectuais máis sobranceiros do século XX en Galiza. Filólogo, escritor e o gran pensador do reintegracionismo.

Quilómetros
Horas
1
Dificultade
En coche
Modo

Características

Carvalho Calero foi un dos intelectuais máis sobranceiros do século XX en Galiza. Membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, foi o primeiro Catedrático de Galego da Universidade de Santiago. O noso roteiro percorre en Ferrol, Compostela e Lugo algúns dos espazos vitais do escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020. 

Este roteiro está recomendado para ser feito en tres xornadas, dedicando cada unha delas ás cidades de Ferrol, Compostela e Lugo, os lugares nos que Ricardo desenvolveu a súa actividade intelectual, profesional e persoal. Sérvenos como guía o material utilizado para escribir o noso libro Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra (Vigo: Galaxia) publicado en 2020. Agradecemos a colaboración de Miguel Doval, Almudena Quintáns López e Antonio Reigosa.

Vémonos obrigados a deixar fóra do roteiro moitos lugares porque podemos afirmar que Carvalho é en moitas dimensións Ferrol, Compostela e Lugo. A súa presenza nesas cidades é indelébel e pervivirá nelas mentres a memoria non nos abandone.

Henrique Rabuñal, A Coruña, 22 de febreiro de 2020

Fotografías do roteiro: Consello da Cultura Galega


O Itinerario

2 Ferrol: Praza Vella

2 Ferrol: Praza Vella

Espazo biográfico
3 Ferrol: Teatro Jofre

3 Ferrol: Teatro Jofre

Espazo biográfico
5 Ferrol: El Correo Gallego

5 Ferrol: El Correo Gallego

Espazo Literario, Espazo biográfico
6 Ferrol: Centro Obrero de Cultura

6 Ferrol: Centro Obrero de Cultura

Espazo Literario, Espazo biográfico
7 Ferrol: Concello de Ferrol

7 Ferrol: Concello de Ferrol

Espazo biográfico
8 Ferrol: Sociedade Medulio

8 Ferrol: Sociedade Medulio

Espazo Literario
9 Santiago: Facultade de Xeografía e Historia

9 Santiago: Facultade de Xeografía e Historia

Espazo Literario, Espazo biográfico
11 Santiago: Editorial Nós

11 Santiago: Editorial Nós

Espazo Literario, Espazo biográfico
18 Lugo: Hotel Méndez Núñez

18 Lugo: Hotel Méndez Núñez

Espazo Literario, Espazo biográfico
19 Lugo: Rúa San Roque

19 Lugo: Rúa San Roque

Espazo biográfico
20 Lugo: Colexio Fingoi

20 Lugo: Colexio Fingoi

Espazo biográfico
21 Lugo: Círculo das Artes

21 Lugo: Círculo das Artes

Espazo biográfico
22 Lugo: Ediciones Celta

22 Lugo: Ediciones Celta

Espazo Literario
23 Lugo: Museo Provincial

23 Lugo: Museo Provincial

Espazo biográfico
24 Lugo: Estación do tren

24 Lugo: Estación do tren

Espazo biográfico