Un percorrido polo patrimonio histórico e artístico do século XIII galego, que nace ao abeiro da exposición "Afonso X o Sabio", promovida polo Consello da Cultura Galega.
Nesta serie de oito roteiros poderás coñecer obras de arte, templos, fortificacións e escenarios de relevancia para comprender a Idade Media do país, vistos a través do tempo do monarca Afonso X.
Sobre Afonso X O Sabio
"O monarca que de tanto mirar as estrelas se esqueceu a terra". Así se definiu a Afonso X, un rei que deixou para Galicia un legado fundamental: o principal monumento literario da lingua galega medieval, as Cantigas de Santa María.
Quilómetros
Horas
Dificultade
Modo
Características
Fundación de vilas, mosteiros, imaxes... comezamos os nosos roteiros pola Galicia de Afonso X co occidente da provincia da Coruña, o espazo máis vinculado ao mar e aos ricos ecosistemas da ribeira. Estas asistiron a un novo nacemento urbano no século XIII, favorecido por reis como Afonso X.
Un roteiro ideado por Antoni Rossell, comisario da exposición Afonso X e Galicia. Os textos foron elaborados polo historiador da arte Victoriano Nodar.