Pra'Habana me vou

Este roteiro quere ser unha homenaxe ao pobo galego da diáspora; sinala algunhas pegadas galegas aínda visibles na Habana Vieja, cerna da capital cubana.

A emigración galega en cuba

Cuba foi un dos focos máis importantes da emigración galega a América, especialmente no século XIX e principios do século XX. Pero ademais, xogou un papel destacado no apoio a todos os proxectos vinculados ao Rexurdimento e á difusión da lingua e identidade galegas.

Quilómetros
Horas
0
Dificultade
A pe
Modo

Características

Este roteiro quere ser unha homenaxe ao pobo galego da diáspora; sinala algunhas pegadas galegas aínda visibles na Habana Vieja, cerna da capital cubana. Simulamos o camiño a pé desde o barco, na Baía da Habana, ate o Palacio do Centro Galego da Habana, símbolo da emigración galega en Cuba. Mais tamén é un periplo á procura destoutras pegadas inmateriais dos miles de galegos que noutrora camiñaron, viviron e traballaron nestas rúas, atrás dun soño de prosperidade e axudando a forxar, canda outros pobos, a identidade cubana: ese ajiaco que os define.

Co sombreiro de pajilla, a sombrilla de encaixe branco e imitando aqueles indianos que viron os nosos avós, imos pasear pola Habana galega.

O roteiro foi elaborado por Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana.

O Itinerario

1 Aduana do porto

1 Aduana do porto

Edificio singular
2 Cabaleiro de París

2 Cabaleiro de París

Espazo biográfico
5 Edificio Casteleiro e Vizoso

5 Edificio Casteleiro e Vizoso

Edificio singular
6 Hotel Ambos Mundos

6 Hotel Ambos Mundos

Edificio singular
7 Café Europa

7 Café Europa

Edificio singular
8 Rúa Compostela

8 Rúa Compostela

Espazo biográfico
11 Teatro Martí

11 Teatro Martí

Edificio singular
12 Plantel Concepción Arenal

12 Plantel Concepción Arenal

Edificio singular
13 Diario de la Marina

13 Diario de la Marina

Edificio singular