Este roteiro literario é unha viaxe que nos leva a aqueles espazos que inspiraron ao escritor baiés para escribir moitas das súas poesías e dos seus contos. Festas, feiras, vivencias, reinos, vilas... da Costa da Morte son algúns dos acontecementos e escenarios que podemos percorrer.
Un roteiro preparado polo Concello de Zas. Texto e fotos de Tania Carreira Rial, con obras orixinais de Enrique Labarta Pose.
Quilómetros
Horas
Dificultade
Modo
Características
Este é un roteiro que nos leva a
coñecer a Costa da Morte a través de espazos biográficos e literarios do autor.
O percorrido transcorre por diferentes concellos da comarca: Zas, Vimianzo,
Camariñas, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Carballo e Muxía.
Igrexas, pedras máxicas, pontes antigas, patrimonio etnográfico, pazos,
impoñentes faros e praias son algúns dos escenarios que a conforman.