Curros Enríquez na cidade da Coruña

Este roteiro a pé permítenos coñecer A Coruña do tempo do Rexurdimento, un espazo ben conectado coa vida e obra de Curros Enríquez.

Manuel Curros Enríquez

Xornalista e poeta, Curros Enríquez foi unha das figuras máis destacadas da Galicia de aquén e alén mar. Compañeiro no rexurdir das letras galegas dos outros grandes poetas do século XIX, os nosos percorridos permiten coñecer os territorios ourensás que lle valeron de inspiración e un paseo urbano pola Coruña do Rexurdimento e o galeguismo.

Quilómetros
Horas
0
Dificultade
A pe
Modo

Características

O roteiro Curros Enríquez na Coruña transcorre por diversos espazos que desde o século XIX tiveron, directa ou indirectamente, relación co vate celanovés. O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade Vella e o da Pesacadería.

O Itinerario

1 Porto da Coruña

1 Porto da Coruña

Castelo, Feito Histórico
4 Praza de María Pita

4 Praza de María Pita

Espazo biográfico
7 Teatro Rosalía de Castro

7 Teatro Rosalía de Castro

Espazo biográfico
8 Monumento en Méndez Núñez

8 Monumento en Méndez Núñez

Espazo biográfico, Espazo Literario
9 Praia de Orzán

9 Praia de Orzán

Praia, Espazo biográfico
10 CEIP Curros Enríquez

10 CEIP Curros Enríquez

Feito Histórico