RECANTOS DE CULTURA
Roteiros da cultura galega é un proxecto do Consello da Cultura Galega que ten por obxectivo dar a coñecer os recursos culturais e paisaxísticos de Galicia a través da vida e obra de escritores. A través dun sistema de xeolocalización, propóñense itinerarios que poden ser realizados a pé ou en coche en diferentes partes de Galicia.
Os puntos de interese dos roteiros están vinculados á vida e á obra das personaxes protagonistas, e acompáñanse materiais documentais que nos permiten coñecer os propios destinos nas palabras dos autores que os evocaron.
A primeira versión de Roteiros da Cultura foi realizada en 2009.