Faro de Touriñán
17 de 29

Faro de Touriñán

Faro Touriñán - 15124 San Martiño de Touriñán - Muxía. A Coruña

Trátase do punto máis occidental da España peninsular, onde o mar bate con toda a súa forza. Esta pequena península granítica intérnase uns dous quilómetros no océano. Fronte a este cabo atópase a illa do castelo, á que se pode acceder con marea baixa, onde se di que existen restos arqueolóxicos. No lado norte está o denominado polo Bardo nun dos seus poemas como "facho de Touriñán". A primeira construción de planta cadrada data de 1898, sendo substituída pola torre de cemento situada ao oeste.