Santa Eufemia
Espazo Literario, Bosque, Capela Santa Eufemia - 27325 Santa María de Folgoso do Courel - Folgoso do Courel. LugoAs terras frías, xabreiras, de Santa Eufemia que Novoneyra nomeaba nun dos seus poemas dos Eidos, conservan parte da esencia dun núcleo rural tradicional de montaña, cun fermoso souto e unha pequena capela. Porén, no contorno da aldea tamén hai unha das maiores louseiras do Courel, aínda en activo.