O Val das Mouras
Bosque, Espazo arqueolóxico, Arbore Singular Mercurín - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. LugoDos moitos soutos que se estenden polo Courel de Novoneyra, un dos máis sorprendentes e descoñecidos é o de Mercurín, que chega desde este lugar ao de Ferrería Vella. Os castiñeiros asentáronse nunha zona na que hai séculos houbo unha gran caverna cuxos teitos, coa erosión, cairon, mentres que algunhas paredes permaneceron en pé. E esas árbores medraron en diferentes alturas entre os restos das rochas calizas das covas. Así, a veciñanza deulle por denominar ao souto como o Val das Mouras, pois tiñan a crenza de que estes seres o habitaban.