Mercurín e o Castro de Brío
9 de 29

Mercurín e o Castro de Brío

Espazo Literario, Castros, Bosque, Montaña, Capela Mercurín - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. Lugo

O alto e nevado Castro de Brío que evocaba Novoneyra, sitúase a 1.057 metros de altura entre as aldeas de Paderne e Mercurín, cunha excelente vista sobre a bacía do Río Pequeno. A subida ao mesmo desde Mercurín realízase a través dun fermoso camiño rodeado de soutos e atravesado en inverno por regatos. No lugar, destacan as vivendas de tipoloxía tradicional e a disposición das mesmas, formando estreitas rúas que dan cabida na cima a unha pequena capela.