Ferrería Nova
Espazo biográfico, Bosque, Rio, Espazo etnográfico Ferrería Nova - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. LugoFerrería está a medio do camiño entre Parada e Seoane. O núcleo foi moi importante no século XIX pola instalación dunha ferreiría que se abastacía con materia prima extraída do monte Formigueiros. Xa no século XX, a forxa cesa a súa actividade, converténdose en aserradoiro e central hidroeléctrica. Na actualidade mesmo hai un bar de verán chamado Os Eidos e o grupo escolar no que en 2000 houbo unha lectura de poemas na celebración do ano de pasamento do poeta, no que se lle entregou á viúva o E de escritor, máximo galardón da Asociación de Escritores en Lingua Galega.