Casa escola de Parada
Espazo biográfico Parada s/n - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. LugoÁ escola da súa aldea natal foi destinado a finais dos anos 40 do século XX o mestre compostelán Roberto Posse Carballido, home da poeta noiesa María Mariño Carou. Trala chegada da parella á aldea, comezou a amizade entre as familias e os escritores. María Mariño, Maruja para a veciñanza, malia a súa pronta morte, deixou unha profunda pegada na vida de Uxío Novoneyra.