Céramo e Formigueiros
Espazo Literario, Bosque, Montaña, Espazo etnográfico Céramo - 27325 Santa Eufemia de Visuña - Folgoso do Courel. LugoA aldea de Céramo, en Folgoso, está de camiño, como dicía Novoneyra, de Oencia e León. Dise que o lugar foi mineiro, e que nel houbo unha importante ferraría, malia que, ao parecer, nunca chegou a funcionar. De feito, Céramo está ao nordeste do pico Formigueiros, o máis alto do Courel, onde existíu unha famosa mina de ferro; igual que en Visuña, centro parroquial, onde os recordos da veciñanza non son os da extracción de ferro, senón de antimonio e chumbo.