Seoane do Courel
Espazo biográfico, Igrexa, Espazo Literario Seoane do Courel - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. LugoSeoane do Courel, Savane para moitos, foi o centro administrativo do concello ata que trala Guerra trasládase a Folgoso. Os vínculos de Uxío co lugar son múltiples, desde os seus paseos desde Parada polo camiño do Real; ata a situación do cemiterio no que repousan os restos dos seus pais e da súa amiga María Mariño ou mesmo o recordo en poemas tan duros como o que fala do seu veciño Manoel de Ribadaira, Manuel Cela Macía, paseado aos 21 anos en 1936. Ademais, desde o ano 2000 a pequena rúa que conduce á igrexa leva o nome do poeta do Courel.