Capela de San Roque
Espazo biográfico, Capela Esperante s/n - 27325 San Pedro de Esperante - Folgoso do Courel. LugoO poeta Manuel María, íntimo amigo de Novoneyra, lembra nas súas Conversas cando foi pasar vinte días ao Courel con Uxío e a súa familia. Durante esa estadía, achegáronse ao San Roque de Esperante, tendo que ir á misa antes de comer na casa duns amigos da familia de Uxío. A pequena capela de Esperante, restaurada en 1999, posúe un pórtico de entrada sobre dúas grosas columnas, seguindo a tipoloxía eclesiástica do Courel. No seu sobrio interior, xunto á imaxe de San Roque sitúase a de Santa Bárbara, detrás dun sinxelo altar coroado na cabeceira por un crucifixo.