Castelo do Carbedo
Castelo, Montaña, Espazo Literario, Espazo arqueolóxico O Carbedo s/n - 27325 San Pedro de Esperante - Folgoso do Courel. LugoAs ruínas do Castelo do Carbedo, no bico do penedo, érguense nun outeiro no contorno do Monte Cido, dominando a entrada no Courel desde Visuña e León. A fortaleza pertenceu a Nuno Peláez e a súa dona Alda, quen o donaron no ano 1181 á Orde de Santiago. Pero desde o século XVI, o castelo entra en decadencia e é desmantelado. Conta a lenda que nas proximidades do castelo os monxes de Samos refuxiaron ao rei Afonso II o Casto, fillo de Froilán; e que o conde de Lemos se apoderara da fortaleza na que vivía doña Ildara, nomeada por Novoneyra nalgún poema.