Monte Cido
22 de 29

Monte Cido

Espazo Literario, Castros, Montaña, Espazo arqueolóxico Monte Cido - 27325 San Pedro de Esperante - Folgoso do Courel. Lugo

O Monte Cido érguese ao sur do Castelo do Carbedo, chegando o seu muro ata Ferrería. No lado norte, un forte declive servía como defensa natural, mentres que no leste, fixéronse tres foxos. Xunto ao primeiro, cara ao interior do castro, situábanse os alicerces dunha torre defensiva coñecida como Torre Cabreira. Así, vemos que a importancia histórica desta paraxe ven dada pola multitude de restos arqueolóxicos que conserva, xunto coa chamada Tessera Hospitalis. Atopada en 1959 e conservada no Museo de Lugo, trátase dunha placa de bronce datada no ano 28 na que hai unha inscrición que pode ser un tratado de amizade entre dúas comunidades.