Piñeira e a Mina da Toca
24 de 29

Piñeira e a Mina da Toca

Ruinas romanas, Montaña, Capela Piñeira - 27325 Seoane do Courel - Folgoso do Courel. Lugo

A mina de Toca é unha escavación aurífera romana que empregaba a forza da auga do rego de Vilela a través de diversas canalizacións para extraer o ouro. A fenda aberta no monte posúe case 700 metros de lonxitude por 92 de ancho e 40 de profundidade. Un dos mellores accesos a pé pódese facer desde a aldea de Piñeira, na que se conservan moitas vivendas tradicionais de lousas, así como a pequena capela porticada, o lavadoiro e diversas alvarizas.