Meiraos
Espazo Literario, Igrexa, Montaña, Capela Meiraos - 27325 Santa María de Meiraos - Folgoso do Courel. LugoNa subida cara ao Monte do Taro Branco sitúase a aldea de Meiraos, lugar de paso cara Teixeira dos catro homes que pasearon e mataron a Manoel de Ribadaira en 1936 e que Novoneyra plasma nun poema corenta anos despois. Ao lado do camiño cara ao Taro, sitúase na actualidade a restaurada escola, unha construción de cachotaría de dous andares. Xunto a escola e ás casas da vila, o máis destacado é a igrexa, situada nas aforas do núcleo. O templo foi un dos máis importantes do Courel, principal da Orde de Santiago, cun curioso retablo no que destacan os relevos con músicos portando tambor, zanfoña e gaita; e con destacadas pinturas murais no presbiterio.