Taro Branco
26 de 29

Taro Branco

Espazo Literario, Montaña, Penedo Singular Meiraos - 27325 Santa María de Meiraos - Folgoso do Courel. Lugo

O Taro Branco érguese a 1228 metros de altitude. Trátase dun monte con formación de rocha calcárea, con grandes e grosas lousas chamadas por Novoneyra bargos que brillan no monte. Este está situado a medio camiño entre Meiraos e Teixeira. Desde aquí pódese acceder á mina romana da Toca, malia que o camiño máis doado e curto é desde a aldea de Piñeira.