Teixeira e a Cova da Buraca das Grellas
Espazo Literario, Montaña, Capela Teixeira - 27325 San Pedro de Noceda - Folgoso do Courel. LugoUn duro poema de Novoneyra fala de como foi paseado un veciño desde Parada dicindo que ao a avistar Teixeira fixeron alto / xunto a cova grande escolleron campo / volteou no aire ó primeiro disparo / houbo logo un segundo un terceiro e un carto / guindárono ó fondo sin rematalo / botaron tras d quot;il seixos e lanchos. Teixeira é a aldea que está máis alta de todo o Courel, lindando con Pedrafita do Cebreiro. En frente da aldea, nunha zona chamada Tarín, sitúase a Cova da Buraca das Grellas, debaixo dun gran prado, que poida que sexa esa cova grande que evocaba Uxío no poema.