Lousada
Espazo Literario, Igrexa Lousada - 27673 San Vicente de Lousada - Pedrafita do Cebreiro. LugoLousada é unha aldea da parroquia do mesmo nome do concello de Pedrafita do Cebreiro. Ata aquí e até Pacios do Señor, terra natal de Manuela Neira, nai do poeta, dicía Uxío que ía ir. No templo parroquial predominan os estilos barroco e neoclásico e na aldea consérvanse grandes casas de pedra, algunha con galerías e outra con elementos heráldicos e pacegos.