Pacios
Espazo biográfico, Igrexa, Pazo Pacios - 27673 San Lourenzo de Pacios - Pedrafita do Cebreiro. LugoManuela Neira, nai do poeta, era natural do concello de Pedrafita do Cebreiro, en concreto da aldea de Pacios, Pacios do Señor en moitos dos poemas do escritor. O seu tío Uxío, irmá da nai, e a súa cuñada Pura ían ser os padriños do cativo, malia que por mor do repentino pasamento de Uxío, os padriños tiveron que ser outros, levando o pequeno o nome do seu tío. A Casa Grande de Pacios tiña vínculo e morgado fundados no 1696, disfrutando os seus donos de poder civil e criminal no coto. Na actualidade, a edificación está unida á igrexa parroquial de San Lourenzo.