Instituto Valle-Inclán
Espazo biográfico Avda. Montero Ríos, s/n - 36001 - PontevedraO instituto atópase nunha fermosa arquitectura eclecticista de fins do século XIX. Castelao comeza a traballar como mestre auxiliar de Debuxo, impartindo clases de Educación Plástica e Visual en 1917. Aquí coincide co seu gran amigo Losada Diéguez, quen chega no 19. Ambos artistas, como motor cultural do centro educativo, promoveron, xunto a outros mestres, un pequeno museo sobre Galicia. O recordo do artista rianxeiro no instituto permanece nas súas obras gráficas conservadas nas instalacións
http://centros.edu.xunta.es/iesvalleinclan/ 986 86 64 48?