Ruínas de San Domingo
4 de 15

Ruínas de San Domingo

Museo Avda. Montero Ríos, 1 - 36001 - Pontevedra

O convento e igrexa de San Domingo, datados no século XIV, forman parte dos edificios históricos do museo de Pontevedra. Das construcións iniciais só se conservan a cabeceira da igrexa e a fachada da sala capitular, e cuxas ruínas foron declaradas monumento histórico-artístico en 1895. Conteñen varias pezas en pedra, tal como escudos, capiteis, sepulcros ou laudas. Castelao utiliza varias destas últimas para o seu estudo de As Cruces de Pedra na Galiza, reproducindo algunhas nos seus debuxos.

http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050001.html 986843238

Aberto desde o 1 de Xuño ao 30 de setembro, de Martes a Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 17:00 a 20:30 horas; Luns, pechado; e do 1 de outubro ao 31 de maio, só visitas concertadas