Teatro Principal
12 de 15

Teatro Principal

Espazo biográfico R. Paio Gómez Charino, s/n - 36002 - Pontevedra

Castelao e Losada Diéguez fundan a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra en 1925. O rianxeiro encargábase das escenografías, que en ocasións eran realizadasdirectamente no Teatro. Este tamén foi escenario de diversas conferencias do polifacético artista, así como da tuna compostelá da que formou parte cando era universitario. Aquí protagonizou un curioso espectáculo, executando en directo as caricaturas dos persoeiros destacados da vila. Anecdóticamente, neste centro cultural estreouse o filme Miss Ledya, no ano 1917, onde Castelao fai unha breve aparición como Pastor protestante