Praza da Peregrina
Espazo biográfico Praza da Peregrina - 36001 - PontevedraVarios son os elementos vinculados con Castelao con esta praza, por estar próxima á súa vivenda, en primeiro lugar era zona de paso ao traballo na Ferrería. Ao seu regreso a casa paraba na Botica de Maquieira, onde se reunía cos integrantes do Clube Karepas, dos que formaba parte. Tamén asistía ás xuntanzas do Café Méndez Núñez, situado na rúa Peregrina xunto á Botica antes citada. Nas festas locais, como entusiasta do folclore popular, coincide co seu gran amigo Losada Diéguez.