Rúa Oliva
Espazo biográfico R. Oliva - 36001 - PontevedraVirxinia e Alfonso Daniel tiveron no nº8 da rúa Oliva, segundo Teresa Castelao e Paz-Andrade, a segunda vivenda pontevedresa. Esta foi tamén a derradeira morada na cidade, saqueada no ano 1936, cando tras a viaxe a Madrid, o matrimonio non puido regresar ao fogar. As obras de arte do artista, así como a súa biblioteca, foron incautadas xudicialmente, sendo recuperados posteriormente polo Museo de Pontevedra, espazo onde se atopa gran parte da súa obra na actualidade