Fábrica da Luz
10 de 15

Fábrica da Luz

Espazo biográfico Praza da Verdura - 36002 - Pontevedra

O lugar foi escollido por amplio e luminoso, para a creación das escenografías da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Esta foi fundada en 1925 por Losada Diéguez, Iglesias Vilarelle e Castelao, a quen lle encargaron os decorados das representacións. Descoñecedor da técnica escenográfica, antes de comezar co traballo, marcha aprendela a Santiago de Compostela co seu amigo Camilo Díaz. Como baixo e tenor da coral atopábanse o propio Castelao e Alexandre Bóveda, quen actuaba ocasionalmente.