Café Moderno
Espazo biográfico, Espazo Literario Praza de San Xosé 3, 36001 - PontevedraO antigo Café, hoxe restaurado e reaberto como centro cultural de Caixa Galicia, servíu de punto de encontro para os persoeiros da cultura galega de principios do XX. Nel desenvolvíanse interesantes faladoiros sobre cuestións políticas ou artísticas, elemento que se recorda na praza grazas ao conxunto escultórico da tertulia, do escultor César Lombera. Un dos asiduos foi Castelao, sendo para el un dos espazos de inspiración, hoxe representado no patio interior do edificio nunha obra de Leiro.
http://www.fundacioncaixagalicia.org/portal/site/WINS001/menuitem.d2b52ca275b4b996f0606cb151d001ca/?vgnextoid=1c73072da898c110VgnVCM1000000b0d10acRCRD 986 86 41 85Aberto de Luns a Domingo, de 12:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas